Os días 9, 10 e 11 de abril de 2004 desenvolveuse a segunda edición do festival MaxiaMarín.
Debido ao éxito obtido na primeira edición, o Concello de Marín decidiu darlle un impulso ao festival aumentando o número de magos e de espazos.
Os magos participantes foron Kiko Pastur, Mago Vituco, Mago Teto, Mago Richard, Mago Cali, Javier Muro, Kote e Mago Romarís. Na Carpa Máxica realizáronse dez actuacións e, ademais, outra actuación en cada unha das Cinco Casas de Cultura do Concello. Por primeira vez realizouse unha Gala Final no Escenario do Mago Romarís onde participaron todos os magos. Como era se esperar, houbo grande afluencia de público.
![]() |